Grazas tamén ao persoal da cociña por portarse tan ben con nós.
martes, 31 de enero de 2017
FACENDO PIZZA
Grazas ao Concello hoxe puidemos visitar a cociña municipal de Vilarrodís e facer unhas riquísimas pizzas.
lunes, 30 de enero de 2017
ACTIVIDADES DÍA DA PAZ 2017
Voaron 49 Drons de papel, proclamamos que "Eu son persoa", o Escribabot avanzou pola Paz, escoitamos e... por suposto degustamos as pombiñas da Paz.
![]() |
Accedede aquí a todas as actividades |
domingo, 29 de enero de 2017
49 DRONS DE PAPEL VOARÁN POLA PAZ

Un por cada nen@ da escola e o farán o luns á entrada.
Estades tod@s convidad@s a ver voar os nosos desexos no Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
viernes, 27 de enero de 2017
jueves, 26 de enero de 2017
XORNADA ROBÓTICA NO IES DE PASTORIZA

O venres 3 de febreiro visitaremos o IES de Pastoriza no que o alumnado de 3º e 4º amosaranos o seu traballo coa robótica e o arduino.
Saíremos da escola ás 10:45 e faremos o traxecto camiñando.
Os nen@s NON traerán merenda.
IMOS FACER PIZZA

Os días 31, 1 e 7 (cada día un grupo) visitaremos a cociña municipal de Vilarrodís para facer pizza.
Saíremos da escola ás 9:45 e regresaremos ás 12:15.
Esta saída está enmarcada nas actividades do Concello.
viernes, 20 de enero de 2017
miércoles, 18 de enero de 2017
VISITA Á EXPOSICIÓN DE ROBÓTICA
Mañá xoves día 19, disfrutaremos no CCC de Arteixo da exposición de Robótica da asociación BricoLabs.
Esta actividade está enmarcada dentro dos II Encontros Arteixo Innovación.

domingo, 15 de enero de 2017
II ENCONTRO DE EXPERIENCIAS - ARTEIXO INNOVACIÓN
![]() |
Infórmate A nosa escola compartirá experiencias o xoves 19. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)