Becas NEAE para o curso 25-26
Estimadas familias, queremos informarvos nas novidades sobre as Becas NEAE 25-26:
- SOLICITUDE ONLINE na páxina do ministerio
- Cubrides todo online dentro do prazo (30 de abril-11 de setembro) e gardades o resguardo. Importante resvisar a autorización de comprobación de datos.
- A administración recibe e revisa as solicitudes.
- IMPORTANTE: se atopan algunha incidencia contactarán directamente convosco e teredes 10 días hábiles para resolvela. NA SOLICITUDE TEDES QUE POÑER UN E-MAIL QUE REVISADES HABITUALMENTE POR SE PRECISAN POÑERSE EN CONTACTO.
- Logo a solicitude chega ao centro, revisamos e pode ser que se falta algo o solicitemos á familia.
- Se pedides axuda por reeducación, linguaxe ou altas capacidades teredes que entregar cando se solicite o informe do centro ao que acude.
- Poderedes revisar o estado da solicitude na páxina do Ministerio no apartado "Mis expedientes"
- Se a administración precisa máis información poden contactar para realizar un trámite de audiencia (teredes 15 días para responder)
- A resolución final estará dispoñible na páxina do Miniterio e recibiredes un correo para avisarvos da publicación da mesma.
- O diñeiro será ingresado ca conta facilitada na solicitude.
Prazo presentación do 30 Abril ao 11 de Setembro de 2025
Toda á información no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario