jueves, 27 de junio de 2019

miércoles, 19 de junio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Para pechar o curso 2018-2019 o VENRES 21 DE XUÑO faremos unha excursión ao Monte de San Pedro (A Coruña), na que, realizaremos unha visita guiada polo Parque con paradas interpretativas para coñecer a flora e fauna do mesmo.

Non fai falla que os nen@s traian merenda, e recomendamos que leven roupa e calzado cómodo e adecuado ao tempo (gorra e crema solar, ou chuvasqueiro).








AVISO PRAZO DE MATRÍCULA

Debido a que o venres 21 de xuño temos a excursión de fin de curso, non estaremos no centro para poder formalizar matrículas.

 Desculpade as molestias.

lunes, 10 de junio de 2019

MATRÍCULA 2019-2020

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É:

DO 20 AO 30 DE XUÑO

EN HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:
12.30-13.15 

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 
  • DÚAS FOTOS CARNET CO NOME ESCRITO POR DETRÁS
  • IMPRESO DE MATRÍCULA
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA COTEXADA FOLLA DE INSCRICIÓN NO LIBRO DE FAMILIA
  • FOTOCOPIA DO BOLETÍN DE VACINAS


 O próximo venres 28 de xuño terá lugar unha reunión informativa ás 11.00 horas para as familias de 4º de EI do curso 2019/2020

sábado, 8 de junio de 2019

PREMIO VOZ NATURA AO MELLOR PROXECTO INFANTIL

Este mércores 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, recibimos a noticia de que fomos escollidos como mellor Proxecto Infantil dentro do programa Voz Natura.

Queremos agradecer dende aquí a colaboración en #somosdemonte por parte das familias, de toda a comunidade educativa e do Concello de Arteixo.

Deixámosvos un podcast coa entrevista (minuto 45:30) que lle fixeron á nosa directora este venres en Voces de Galicia de Radio Voz.

Este venres foi a entrega de premios nas instalacións da Voz de Galicia.
Os nen@s de 5 anos foron os encargados de recollelo, en representación de todo o centro.
Grazas a tod@s os que o fixeron posíble!