jueves, 28 de octubre de 2021

ESTREAMOS ROUPA DE AUGA!

 Estimadas familias,

Parace que chegou o tempo de outono e por fin tivemos ocasión de estrear a roupa de auga cedida polo ANPA para todo o alumnado.

Agracer á ANPA o seu agasallo, imos desfrutar moito con él!

Deixamos unhas fotos da estrea.





lunes, 25 de octubre de 2021

SORTEO XUNTA ELECTORAL

 

O XOVES 28 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS PROCEDERASE AO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN  DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR .

 

Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto




viernes, 22 de octubre de 2021

CAMBIO DÍA DE PERMANENCIA

Estimadas familas,


O centro solicitou este ano o cambio dos días de permanencia dos martes ao luns de 16:00 a 19:00 horas.

Este cambio foi autorizado durante esta semana, polo que dende o LUNS 25 DE OUTUBRO as mestras permanecerán no centro os LUNS DE 16:00 A 19:00 HORAS.


Queríamos recordarvos que durante ese tramo horario temos unha hora adicada ás titorías coas familias de 16:00 a 17:00 horas. Para concertar unha cita podedes contactar coa titora.


Un saúdo e boa fin de semana!

miércoles, 6 de octubre de 2021

RECORDATORIO 11 E 12 DE OUTUBRO

 Estimadas familias,


Recordámosvos que o vindeiro luns 11 de outubro non hai clase por ser o Día do Ensino e tampouco o 12 de outubro como festivo nacional.


Podedes revisar o Calendario Escolar 21-22 AQUÍ

martes, 5 de octubre de 2021

APERTURA SERVIZO DO COMEDOR

 Estimadas familias,


Onte inaugurouse no centro o servizo de comedor xestionado pola ANPA.

Deixamos unhas fotos do acontemento, e queríamos agradecer tanto ao Concello de Arteixo como a ANPA  o traballo realizado para poder contar co servizo na escola.





viernes, 1 de octubre de 2021

AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO

 Estimadas familias,


Adxuntamos información sobre as axudas publicadas polo Concello para o material didáctico.

O prazo está aberto ata o 20 de outubro.


Para máis información pinchar aquí