miércoles, 27 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

A choiva non puido coas ganas de festexar o Magosto en Barrionovo: xuntanza coas familias, talleres de elaboración dun tres en raia e dun colar de castañas, música e castañas quentiñas! Que bonita xornada pasamos:

25 N: NON É NON


  O 25 de novembro a BibliBn vestiuse de gala para recibir a Silvia Penide e Nati Navaza.
A través da música e a Linguaxe de signos fixéronnos chegar a importancia do RESPECTO.
Grazas pola mensaxe e a marabillosa maneira de transmitila, 
aos nen@s e máis os adultos.


 

E de agasallo...






jueves, 14 de noviembre de 2019

“Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro

Hoxe o alumnado de 5 anos asistíu ao espectáculo músico-teatral "Merenda con pan de millo", do grupo Migallas Teatro, na Coruña. 




Actuación promovida polo equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Falamos primaria.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

VISITA A EXPOSICIÓN “NUESTRO PLANETA”

Hoxe visitamos a Fundación Abanca para gozar das fotografías incluídas na exposición “Nuestro planeta” e que mostraban a súa beleza.

Ademáis realizamos un obradoiro para facer fincapé na importancia de ter hábitos sostíbeis.






lunes, 4 de noviembre de 2019

Encontro Folclore Galego


Estas semanas nas clases de música soupemos que Clave de Sol e Clave de Fa andan de viaxe polo mundo en caravana.
Primeira parada: Galicia e a súa música e tradicións.





Grazas a Miguel, Iria e Isma o pasado 23 de outubro gozamos co noso folclore.





 

Moitísimas grazas chicos!!!

Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Arteixo