viernes, 31 de mayo de 2019

II XORNADAS DE ROBÓTICA ARTEIXÁ

Onte visitamos o CEIP Ponte dos Brozos para convertirnos en Makers PdB!


Cada grupo conta cun plano que nos indica onde temos que ir en cada momento, así que... adiante!!!
Tiñamos que rotar por 4 talleres:
1. Biblioteca: "plastilina conductora"

2. Leite e colorante

3. Auga e lápices

4. Líquido ou sólido? e Arco da Vella

Unha chea de experimentos!!
Pasámolo xenial!
Xa somos Makers PdB!!
Grazas!!

martes, 28 de mayo de 2019

SAÍDA FUNDACIÓN BARRIÉ


ONTE VISITAMOS A BARRIÉ PARA COÑECER A SÚA EXPOSICIÓN TRAZOS MAESTROS E PARTICIPAR DO TALLER DIDÁCTICO DA MAN DE PAOLA GUIMERANS, EXPERTA EN E-TEXTÍS E NA INTERACCIÓN ARTE-TECNOLOXÍA.
DESPOIS DA VISITA GUIADA POLA EXPOSICIÓN TRABALLAMOS CON DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA CREAR NARRATIVAS DIXITAIS E INTERACTIVAS, COMBINANDO O DEBUXO TRADICIONAL E O DIXITAL.
CO PROGRAMA SCRATCH E A PLACA MAKEY MAKEY CONSEGUIMOS CONVERTIR OS NOSOS DEBUXOS EN SONS, ANIMAIS E INCLUSO UN PIANO.
 
 


 


Makey Makey piano from biblio BN on Vimeo.

jueves, 23 de mayo de 2019

Visita da Escola de Fútbol Base SCD Pastoriza

Hoxe visitou Barrionovo a Escola de Fútbol Base SCD de Pastoriza.
Explicáronnos aos nenos e nenas de 4 e 5 anos todas as actividades que levan a cabo polas tardes e ademais déronnos unha pequena formación en primeiros auxilios.




Moitas grazas!

martes, 14 de mayo de 2019

RECIBIMOS AOS NENOS E NENAS DE A GALIÑA AZUL

Hoxe tivemos a visita dos nenos e nenas da GALIÑA AZUL DE PASTORIZA.

Recibíronos tres nenos e nenas da nosa escola para explicarlles como era o centro, e tamén Katrina, a nosa especialista en inglés.

Gozaron co conto "Five little ducks" e coa canción relacionada co mesmo.
Tamén visitaron as clases e compartiron momentos de xogo cos nenos e nenas de Barrionovo.





Como agasallo levaron a silueta dun parrulo deseñada polos nenos co Doodle3D e dous códigos QR con links á canción e a esta entrada.
Moitas grazas pola vosa visita!

PONTE LETRAS GALEGAS E DATA DE FESTIVAL FIN DE CURSO

O próximo luns 20 de maio non teremos clase.

Por outra banda, este ano o 
FESTIVAL DE FIN DE CURSO 
será o 17 DE XUÑO.

viernes, 10 de mayo de 2019

IV ENCONTROS ARTEIXO INNOVACIÓN

Durante esta semana celebráronse os IV Encontros de experiencias EducaTIC incluídos no proxecto ARTEIXO INNOVACIÓN no que participa o centro.

Este ano estivemos nestas xornadas compartindo todo o traballo realizado no noso proxecto #somosdemonte relacionado co fomento e o uso das TIC.

Como clausura, recibimos unha distinción por parte da Concelleira, o Alcalde e o modista Lorenzo Caprile.


VISITA AO CEIP GALÁN

O alumnado de 5 anos, xunto coas súas familias, visitou o CEIP Galán no que proseguirán a súa vida escolar.

Gozaron coñecendo varios espazos do centro e de agasallo trouxemos unha camiseta.