sábado, 1 de diciembre de 2012

Visita á Exposición : "O espello do pintor"

Este mércores, día 5 de de decembro, visitaremos a esposición "O espello do pintor" . Con esta visita, e o traballo desenvolvido na escola, queremos que o noso alumnado participe dos actos que conmemoran o centenario de Eugenio Granell.

                                                    

No blogue da biblioBN podedes seguir os traballo feitos arredor deste polifacético artista galego.


lunes, 26 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Lembrade que este MARTES 27 de Novembro terán lugar as eleccións a representantes de pais e nais no Consello Escolar do centro.
A mesa electoral permanecerá aberta de 17:00 a 20:00 horas.
Animamos a todos e todas a participar.

    

martes, 13 de noviembre de 2012

viernes, 26 de octubre de 2012

Sorteo Xunta Electoral



O MARTES 30 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS PROCEDERASE AO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN  DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR .
Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto

viernes, 5 de octubre de 2012

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

O próximo martes 9 de Outubro, teremos as reunións de inicio de curso  no seguinte horario:

16:00 h: 3 anos

17:00 h: 4 anos

18:00 h: 5 anos

¡Esperamos a vosa asistencia!

martes, 18 de septiembre de 2012

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAIS

O Concello de Arteixo convoca axudas para adquirir libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil dos centros educativos sostidos con fondos públicos para aquelas unidades familiares ou de convivencia que estean empadroadas e residan durante o curso escolar neste Concello.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 29 de SETEMBRO no Rexistro Xeral do Concello de Arteixo.

Poden descargar as solicitudes AQUI.

martes, 4 de septiembre de 2012

COMEZO DO CURSO

Recordade que o vindeiro mércores 12 de setembro comezan as clases.
O horario será de 9:15h a 14:15h.