miércoles, 30 de junio de 2021

BO VERÁN!

E por fin chegou o momento dunha paradiña.....

Descansade, desconectade e non perdades o camiño!!!!!

Vémonos de novo o 9 de setembro


Ver aquí o Calendario Escolar 2021-2022:


martes, 15 de junio de 2021

Matrícula 2021-2022

 O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É:

DO 20 AO 30 DE XUÑO

A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

12:15 a 13:15 h


 DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

  • DÚAS FOTOS CARNET CO NOME ESCRITO POR DETRÁS
  • IMPRESO DE MATRÍCULA
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA
  • FOTOCOPIA DO BOLETÍN DE VACINAS


Pregamos traer os documentos necesarios xa cubertos coas fotocopias feitas.

O impreso de matrícula se pode descargar, cubrir e imprimir neste enlace:

jueves, 3 de junio de 2021

Barrionovo quere patio novo

Estamos inmers@s nun proceso participativo de renaturalización do patio da escola, pero isto xa o sabedes porque sodes parte del.

Este cambio é preciso para ser coherentes co noso ideario e a nosa pedagoxía.

Os nenos e nenas son @s protagonistas deste cambio e o resto de axentes participantes (mestras, arquitect@s, familias, administración) somos facilitadoras. O noso cometido é facer que se sintan acompañad@s neste proceso de toma de decisións e empoderamento persoal.

O fin da educación é o desenvolvemento integral do alumnado mais se queremos chegar a adult@s responsables capaces de participar nas esferas de decisión da propia comunidade, debemos promover dende a infancia dita participación, decisión e interese polo común.

Compartimos con moito agarimo o seguinte vídeo onde resumimos a experiencia deste curso que, malia ser atípico, conseguimos pintar de cores e avanzar cara un Barrionovo máis auténtico, máis noso.

Grazas a tod@s @s que o facedes posible cada día.

#Barrionovoquerepationovo