martes, 22 de diciembre de 2020

A ANPA BARRIONOVO ENTREGA MÁSCARAS POLA IGUALDADE

Hoxe repartiranse ao alumnado as máscaras da ANPA pola igualdade, un material de difusión elaborado no marco do proxecto de promoción da igualdade entre homes e mulleres das ANPAs do CEIP Galán, IES Pastoriza, EEI Barrionovo e EEI de Larín.



Subvención concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade con Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Para ver o documento coas Características técnicas das máscaras preme no seguinte enlace:

lunes, 21 de diciembre de 2020

Felices Festas

Desde a EEI Barrionovo desexámosvos.....
moi Felices Festas!!!!!



Lembramos que as vacacións van dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos inclusive.

Polo tanto, mañá 22 de decembro é o último día de clase e voltamos o venres 8 de xaneiro.

viernes, 18 de diciembre de 2020

lunes, 14 de diciembre de 2020

IV Recollida de Alimentos que organiza a Asociación O Grilo

Comeza a IV Recollida de Alimentos que organiza a Asociación O Grilo e na que a ANPA Barrionovo colabora, xunto con outras ANPAS de Arteixo e a Escolas Deportivas de Pastoriza.




viernes, 4 de diciembre de 2020

Máscaras Solidarias do CCA de Arteixo: Establecemento

O CCA de Arteixo infórmanos do seguinte:


  • Dende mañá as máscaras elaboradas polo alumnado da EEI BARRIONOVO estarán colocadas no establecemento BALNEARIO VISIÓN de Arteixo.

  • Cando se donen os alimentos podedes compartir cunha foto en redes sociais baixo o hashtag #ArteixoSolidario, e poden etiquetarnos (@arteixocca) e tamén ao Banco de Alimentos Rías Altas (@balrial). Deste xeito poden sensibilzar a máis xente para que donde alimentos.


  • Lembrade que ese é o obxectivo principal, que coas máscaras que fixo o alumnado, calquera persoa, incluso que non teña fillos nos vosos centros, done alimentos recollendo como premio unha máscara. Polo que se algún neno ou nena non atopa a súa no establecemento, é porque esa máscara cumpriu a súa función de sensibilización social. Igualmente, temos algunha máis en branco na nosa oficina (rúa Mestre Mateo nº10 baixo) por se acaso.

Calquera dúbida, o CCA está á vosa disposición no teléfono 608549011.

Sesión de contacontos en horario escolar

Gazas á ANPA hoxe defrutamos de 2 sesións de contacontos para o alumnado de 4 e 5 anos durante a xornada lectiva a cargo da Tropa de Trapo co espectáculo "Contos de Nenas Grandes e Pequenas".









Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade ó abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Dia non lectivo

Lembramos que o vindeiro luns 7 de Decembro foi declarado día non lectivo, polo que non haberá clase ata o mércores 9 de Decembro.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Nota da ANPA: Pantalóns Impermeables

A ANPA ofrece a compra de pantalóns impermeables para empregar no patio da escola.



Prezos:

5€ para socios da Anpa
7€ para non socios

Para encargalos meter no buzón da ANPA unha nota co nome do/a neno/a e talla según ficha do producto.

O pago se fará na entrega do producto.

Prazo tope para pedido día 10 de decembro.