viernes, 4 de diciembre de 2020

Máscaras Solidarias do CCA de Arteixo: Establecemento

O CCA de Arteixo infórmanos do seguinte:


  • Dende mañá as máscaras elaboradas polo alumnado da EEI BARRIONOVO estarán colocadas no establecemento BALNEARIO VISIÓN de Arteixo.

  • Cando se donen os alimentos podedes compartir cunha foto en redes sociais baixo o hashtag #ArteixoSolidario, e poden etiquetarnos (@arteixocca) e tamén ao Banco de Alimentos Rías Altas (@balrial). Deste xeito poden sensibilzar a máis xente para que donde alimentos.


  • Lembrade que ese é o obxectivo principal, que coas máscaras que fixo o alumnado, calquera persoa, incluso que non teña fillos nos vosos centros, done alimentos recollendo como premio unha máscara. Polo que se algún neno ou nena non atopa a súa no establecemento, é porque esa máscara cumpriu a súa función de sensibilización social. Igualmente, temos algunha máis en branco na nosa oficina (rúa Mestre Mateo nº10 baixo) por se acaso.

Calquera dúbida, o CCA está á vosa disposición no teléfono 608549011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario