viernes, 27 de noviembre de 2020

Mascarillas 25N



Con motivo do 25 - N, día da eliminación da violencia contra as mulleres, o Concello de Arteixo entregou aos centros educativos mascarillas para reparto entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Certificado de homologación aportado polo Concello das mascarillas repartidas con motivo do 25-N.








miércoles, 25 de noviembre de 2020

Unha armadura con ferruxe

Polo 25N e grazas a unha subvención da ANPA desfrutamos de 3 sesións de monicreques para o alumnado (unha para cada clase) a cargo de Garabato de Xogos.







Máscaras Solidarias CCA Arteixo

Como vimos facendo desde fai anos colaboramos co Centro Comercial Aberto de Arteixo na súa CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS. 

Este curso non faremos postais como nos anteriores senón que decoraremos Máscaras Solidarias co noso alumnado.

As máscaras proporcionadas polo CCA de Arteixo serán decoradas polo alumnado e estarán expostas en establecementos comerciais de Arteixo dende o día 5 de decembro ata o 7 de xaneiro, onde se poden ir recoller a cambio de alimentos non perecedoiros.

Estas máscaras decoradas NON son equipos de protección. Son máscaras simbólicas e teñen unha función pedagóxica. Polo tanto, NON son para usar.

jueves, 19 de noviembre de 2020

Iniciativas do CIM de Arteixo ante o 25N


    O Concello de Arteixo pon en marcha a campaña de sensibilización e repulsa contra a violencia de xénero que inclúe:

  • "REDES SOCIAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO": todas as persoas que o desexen poderán enviar, cada día, unha fotografía que represente distintos tipos de violencia con un lema para o seu rexeitamento. As fotografías enviaranse ao messenger da páxina de facebook do Concello de Arteixo (https://www.facebook.com/ConcellodeArteixoOficial/) ou ao correo redes@arteixo.org Todas as fotos publicadas, ao menos unha cada día, terán como obsequio un chubasqueiro, que deberán de vir a recoller ao Centro de Información ás Mulleres.
  • Proxecto "ELAS NO CENTRO". Campaña de sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, na que participaron mulleres do noso concello tratando de visibilizar e de aumentar a conciencia social sobre as diferentes violencias contra as mulleres. Xa se pode ver o vídeo resumo nas redes sociais do Concello. O día 25 de novembro publicarase o documental íntregro.
  • DE FRONTE á violencia de xénero. A través da mesma póñense en marcha unha serie de actividades dirixidas tanto á poboación adulta como infantil, con ferramentas como vídeos, contacontos, concurso de poemas, recursos de literatura para todas as idades, etc. De estar interesada/o podes atopar toda a información da campaña no seguinte enlace: https://defronte.gal
  • A Concellaría de Cultura, dentro do Outono Cultural, ten programados no Centro Cívico Cultural de Arteixo eventos relacionados con esta temática para os seguintes días:
  • - Venres 20 novembro: Obra de teatro, Anatomía dunha Serea, da compañía Chévere, ás 20.30h.
    - Venres 27 novembro: Espectáculo musical do grupo Zënzar, cun repaso á música contemporánea e ó papel da muller nel. Tamén será ás 20.30h.



jueves, 12 de noviembre de 2020

Sesións de monicreques en horario escolar.

Grazas a unha subvención da ANPA o vindeiro mércores 25 de novembro haberá 3 sesións de monicreques para o alumnado (unha para cada clase) durante a xornada lectiva a cargo de Garabato de Xogos.