jueves, 25 de noviembre de 2021

ACTIVIDADES CIM 25N

 Estimadas familias,

Queríamos facervos chegar información sobre as actividades programadas polo CIM do Concello de Arteixo na conmemoración do 25N.

O propio día, xoves 25 novembro, terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero que será lido no Pleno Municipal, ás 12.00h., no cal estará presente toda a corporación municipal.

O venres 26, hai programada unha obra de teatro, titulada Insubmisión. Será ás 20:00h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Xa o sábado 27 de novembro teremos unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, a cal non se puido celebrar no ano 2020 pero que recuperamos con moitas ganas. Trátase dun acto de sensibilización, reivindicación e apoio a todas as mulleres sobrevivintes da violencia de xénero. Faremos un percorrido duns 4km de dificultade baixa polas rúas do concello. Está indicado para toda a poboación. Para participar é preciso inscribirse  a través do seguinte enlace:

https://www.inscribirme.com/iiiandainacontraaviolenciadexeneroconcellodearteixo

ou directamente no CIM (Avda do Balneario, 10- baixo- 981601415). A Andaina rematará coa actuación musical da arteixá Silvia Penide e cunha chocolatada.

Xa para rematar, informamos que acabamos de estrear unha APP interactiva "CONECTA CON SENTIMENTO" dirixida principalmente á xuventude co obxectivo de previr a violencia entre a xente moza, dándolles ferrramentas para poder detectala e recursos a onde acudir de ser preciso. A aplicación inclúe un test para que a rapazada poida detectar indicadores de abuso nas súas relacións de parella e ter información sobre relacións saudables basadas no respeto e igualdade. Está dispoñible para ser descargada desde as plataformas de Android e APPLE.

Agardamos que esta información sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación en todas elas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario