martes, 19 de mayo de 2020

Listaxe provisional de admitidos


Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.


Aclaración sobre a publicación das listaxes do proceso de admisión do alumnado

O punto 7 das Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020-21 mantén a súa plena vixencia.
Así, para a  publicación presencial das listaxes deberá utilizarse unicamente o medio indicado, xa que non debe ser posible a visualización dende o exterior do centro.
Para a publicación electrónica das listaxes, a propia instrución xa prevé un mecanismo para que as familias non teñan que desprazarse ao centro educativo, que é a publicación a través da aplicación web admisionalumnado, coas garantías necesarias en materia de protección de datos de carácter persoal, de xeito que as familias poden acceder aos datos.
Se ben unicamente as familias titulares dunha Chave 365 ou dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre poderán acceder ao listado completo (porque queda correctamente acreditada a súa identidade e a súa condición de interesados no procedemento), aquelas familias que non dispoñen deles poden acceder igualmente ao estado da súa solicitude.

1 comentario:

  1. Bo día, no enlace indicado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) soamente aparece a opción para Crear Solicitudes pero non aparece a opción para Consultar solicitudes

    ResponderEliminar