viernes, 12 de junio de 2026

Instrucións para a convocatoria de Bolsas de Necesidades Específicas de Apoio Educativo 2026-2027

 

12:09 (hace 0 minutos)
Estimadas familias: enviáronnos instrucións máis detalladas para as persoas solicitantes das axudas para alumnado con NEAE: 

O prazo para a presentación das solicitudes vai do 19 de maio de 2026 ás 8:00 horas ao 10 de setembro ás 15:00 horas. 
Para as familias, o procedemento de solicitude desta convocatoria é o mesmo que o do curso pasado: as solicitudes cubriranse polos solicitantes exclusivamente a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación, FP e Deportes: https://sede.educacion.gob.es
Unha vez cuberto o formulario da solicitude, os/as solicitantes deben asegurarse de que a aplicación xerou un Xustificante de presentación. A solicitude queda presentada nese momento. 
MOI IMPORTANTE: a solicitude non debe quedar en estado borrador. Se fora así, non sería válida e non se podería tramitar. O solicitante poderá presentar varias solicitudes dentro do prazo, sendo válida a última delas. É dicir, se precisades facer algunha rectificación poderedes facer unha nova solicitude. Por exemplo, este sería o caso dun cambio de centro educativo. Nese caso, recoméndase realizar a solicitude unha vez tramitada a matrícula no novo centro. 
Como novidade este ano o Ministerio incorporou o Nº de Expediente. Unha vez fagades a solicitude a través da web do Ministerio enviade ao centro educativo o Xustificante de presentación, onde aparece o mesmo, para que poidamos realizar o trámite. O enderezo ao que teredes que enviar o Xustificante de presentación é o seguinte: 
eei.barrionovo@edu.xuntal.gal 
No correo especificade a se solicitades as seguintes axudas: reeducación pedagóxica, reeducación da linguaxe, programa específico para alumnado con altas capacidades , axuda para transporte interurbano, axuda para transporte urbano, axuda para comedor, axuda para material* (*Esta axuda non é compatible con outras axudas de organismos públicos para o mesmo concepto, polo que son incompatibles coas axudas para material escolar e libros de texto) Se solicitades axuda para reeducación pedagóxica, reeducación da linguaxe ou para un programa específico para alumnado con altas capacidades, teredes que levar ao centro, gabinete ou profesional que realice ese servizo unha copia do ANEXO VI, que achegamos en formato dixital, para que o cubran e asinen. Teredes que entregalo no centro no mes de setembro. Se solicitades axuda para comedor e/ou transporte, teredes que asinar en papel no centro unha declaración responsable de non recibir axudas públicas e/ou privadas polo mesmo concepto. Este trámite farase tamén en setembro. 
Anexamos un documento informativo sobre a documentación que se precisa presentar, os prazos e procedemento para facer a solicitude e o modelo do Anexo VI


viernes, 5 de junio de 2026

MATRÍCULA EN LIÑA

 Estimadas familias, 

achegamos instrucións de axuda para realizar a matrícula en liña para o curso 26-27

Recordade que podedes utilizar o correo do centro (eei.barrionovo@edu.xunta.gal) ou o teléfono do mesmo (horario de atención ao púiblico luns a venres de 9:15 a 10:00) para resolver dúbidas sobre o proceso.


martes, 26 de mayo de 2026

REUNIÓN INICIAL ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN

 Estimadas familias, 

o próximo xoves 25 de xuño ás 10:00 horas teremos a reunión inicial para o alumnado de nova incorporación á escola (4º EI)

miércoles, 20 de mayo de 2026

Matrícula 26-27

                     O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É:


DO 20 AO 30 DE XUÑO E
PODERÁ REALIZARSE DE MANEIRA PRESENCIAL OU TELEMÁTICA A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO (OPCIÓN DISPOÑIBLE UNHA VEZ ABERTO O PRAZO)

A atención ao público presencial será con cita previa que ten que ser concertada A PARTIR DO 25 DE MAIO chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

10:00 a 12:00 h

ESTE ANO O DÍA 24 É FESTIVO AUTONÓMICO


 DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

  • DÚAS FOTOS CARNET CO NOME ESCRITO POR DETRÁS
  • IMPRESO MATRÍCULA
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU TOMO DE NACEMENTO


Pregamos traer os documentos necesarios xa cubertos coas fotocopias feitas.

O impreso de matrícula pódese descargar, cubrir e imprimir na aplicación AdmisiónAlumnado (estará dispoñible unha vez aberto o prazo)

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR, TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

 Bo día,


Informamos da  APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO,  FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR,  TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR


Consulta toda a información e documentación a entregar sobre:

AXUDAS  DE LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 
SOLICITUDE DE TRANSPORTE
SOLICITUDE DE COMEDOR

Destinatarios:
Todo o alumnado matriculado no CEIP de Galán no curso 2025-2026, alumnado con reserva de praza para 1º de E.P.  e alumnado admitido no proceso de admisión do curso 2026-2027


Formas de presentación:


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.  

  • Electrónica: A través desta aplicación e presentando solicitude na Sede Electrónica [enlace].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos/as. É necesario ter Chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.

  • Presencial no centro: Cubrindo os Anexos I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentándoos no centro educativo ou recolléndoos na secretaría do centro. IMPORTANTE: na presentación presencial deberá presentar unha única solicitude para todos fillos/as.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2026-2027, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2025-2026.

TRANSPORTE ESCOLAR

  • Vía correo electrónico: Cubrindo a solicitude adxunta e enviándoo a: ceip.galan@edu.xunta.gal indicando no asunto SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
  • Presencial no centro:  Cubrindo a solicitude na secretaría do centro.


COMEDOR ESCOLAR

  • Vía correo electrónico: Cubrindo a solicitude adxunta e o anexo II e enviándoo a: ceip.galan@edu.xunta.gal indicando no asunto SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR
  • Presencial no centro:  Cubrindo a solicitude e ANEXO II na secretaría do centro.

Prazo: Do 19 de maio ate o 19 de xuño (ambos inclusive)

 
Tedes toda a información sobre a documentación necesaria e as solicitudes na web do centro, no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/2797

jueves, 23 de abril de 2026

ADMISIÓN 26-27

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Informamos de que xa se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais.

resolución definitiva coas listaxes finais publicarase o vindeiro 15 de maio.


A matrícula será do 20 ao 30 de xuño solicitando cita previa no teléfono do centro (696846412) a partir do 25 de maio en horario de atención ao público (9:15-10:00)

lunes, 2 de marzo de 2026

ADMISIÓN 26-27

 




ADMISIÓN 26-27

 O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:

do 1 ao 20 de marzo



Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:

APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

 

De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR

2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.


Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:

 

SEDE ELECTRÓNICA

  

 

Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa. 

 

A solicitude consta destos 2 impresos:



·                     Solicitud (Anexo II)

·                     Comprobación de datos de los miembros computables de la unidad familiar (Anexo II Bis)

 

Xunto cos impresos de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

 

·                     Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

·                     Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.

 


A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:



696846412

 

Horario de atención ao público con cita previa: 



09:15 a 10:00 h

viernes, 16 de enero de 2026

RESERVA PRAZA 26-27

 Entre o día 15 de xaneiro e o 4 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Infantil ten que presentar neste centro o IMPRESO ED550A correspondente á reserva de praza no centro adscrito.

Recordade que o centro ao que está adscrito a escola é o CEIP Galán.

FORMAS DE PRESENTACIÓN

A) O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro
PARA A PRESENTACIÓN POR ESTE MEDIO DEBE SOLICITARSE CITA PREVIA.

 ________________________

B) A través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:




De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1º Acceder ao apartado de SOLICITUDES – RESERVA - CREAR

    2º Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro.

 ________________________
 
C) Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón (para o que se precisa chave 365)







Calquera dúbida será resolta telefónicamente pola dirección.
Toda a información e lexislación do proceso está recollida na seguinte ligazón
   __________________________


IMPRESO PARA DESCARGAR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO